Trucos antiplaxio ou como detectar a copia de textos online

Existen diversas aplicacións na rede que nos permiten detectar posibles casos de apropiación fraudulenta de textos grazas a que son capaces de buscar coincidencias e chegar ás fontes orixinais. Desde outro punto de vista, un autor pode atopar na rede aquelas copias que se realizaron do seu propio material.

A utilidade destas ferramentas é innegable, e sérvelles a diversos colectivos profesionais como, por exemplo, creadores web (webmasters, CM, PM, blogueiros, etc.) para detectaren copias non permitidas dos seus textos, investigadores para recuperaren a fonte completa de citas coñecidas ou coñeceren a posible apropiación dos seus traballos, editoriais para comprobaren a orixinalidade dos artigos ou textos recibidos, e profesorado para detectar o carácter xenuíno dos traballos de curso.outre1

Google e outros buscadores

O máis corrente é inserir no buscador de Google, Yahoo ou Bing unha frase entre aspas do traballo ou texto que temos baixo sospeita ou queremos buscar, o que nos permitirá atopar o texto orixinal e as posibles copias se estamos no certo.

Máis específico e especialmente útil é procurar nos motores de busca de Google:

Google Académico: servizo de busca especializado en información científica e na identificación de citas que se ofrecen a nivel científico nos artigos.

Google Libros: servizo de busca especializado que procura o texto na enorme biblioteca que Google ten escanada e arquivada en forma de base de datos dixital.

Por comodidade, existen ferramentas que aproveitan a velocidade de resposta de Google pero que nos permiten realizar procuras inserindo o texto completo sen necesidade de introducir frase por frase entre aspas: The Plagiarism Checker. Outros posibilitan a procura noutros idiomas: Plagium.

Similar a esta é Articlechecker coa diferenza de que fai as comprobacións tanto en Google como en Yahoo, ou mesmo Plagiarisma.Net, que busca en Bing, Yahoo ou Google calquera fragmento de texto inserido ou cargado en diversos formatos ou mesmo enderezos web (tamén dispón dunha versión de balde para Windows que busca en Google Académico).

redes

Recursos na rede (online e offline)

Un dos máis potentes é Turnitin xa que conta con varios centos de millóns de documentos, ferramentas para profesores e alumnos (como a axuda WriteCheck) e a posibilidade de integrar plataformas como Moodle ou BlackBoard. Tamén para Blackboard podemos dispoñer de SafeAssign/MyDropBox.

iThenticate, desenvolvido pola iniciativa Plagiarism.org (orientada a previr o plaxio, similar a Purdue OWL), conta con base de datos propia e conta entre os seus usuarios co servizo de publicacións da Oxford University e diarios moi coñecidos.

Son destacables PlagiarismDetect (require rexistro de usuario/a), Duplichecker, SeeSources (buscador que analiza as propias fontes dos textos, mesmo as borradas, partindo do arquivo completo ou dun extracto do texto), Approbo, Copygator, EducaRed antiplagio, Plag Tracker, CopioNIC e Doc Cop (que mesmo compara semellanzas entre dous documentos, tamén require rexistro de usuario).

Con previa descarga, mencionamos WCopyFind é un programa que permite comparar documentos e actúa como un escáner, EVE2: Essay Verification Engine, AntiPlagiarist 1.8 ou Víper (similar a Turnitin).

Outras ferramentas utilizan a URL dunha web e, a partir dela, realizan unha procura que recibiremos por correo electrónico, como FairShare, Copygator, Copyscape.

Detectores de copias de programas informáticos

Destacable JPlag, a aplicación que detecta parecidos entre conxunto de ficheiros de código fonte para detectar plaxio de programas informáticos, ou Moss (Measure of Software Similarity).

Fontes: http://manuelgross.bligoo.com, https://sites.google.com/site/realizartrabajos/plagio, http://wwwhatsnew.com/2012/09/29/, http://wwwhatsnew.com/2012/01/04/

Advertisements

Posted on 28 Maio 2013, in Recursos TIC, Reflexión, Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: