Aprendizaxe por proxectos

Definición

A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como propósito promover unha aprendizaxe profunda a base de estimular o alumnado de primaria con indagacións e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes nas súas vidas.images

Nos proxectos de aprendizaxe as dúbidas e intereses do alumnado crean o propio proxecto, ao existir pola súa parte interese por resolver as súas dúbidas. Á hora de deseñar un proxecto é necesario partir dos coñecementos previos do alumnado e relacionalos cos obxectivos e competencias que se queren acadar.

A aprendizaxe por proxectos dá pé a unha maior interacción entre profesorado e alumnado, visto que constrúe un universo de accións diversificadas que permiten a participación activa do alumnado. Ao longo do traballo por proxectos, o profesorado desempeña o papel de mediador, e desaparece o seu rol como detentor único do saber.

Propósito

A aprendizaxe por proxectos está deseñada para empregar con cuestións complexas que esixan facer pescudas por parte do alumnado para seren entendidas. Non parece válido o uso de proxectos para recompilar simple información enciclopédica ou feitos. Por exemplo, pódese pedir ao alumnado que analice a calidade da auga dun río local para aprender sobre o ambiente local e outras cuestións ambientais que o afectan.

A aprendizaxe por proxectos introduce novas formas de aprendizaxe-ensino, máis aló da ruptura cos paradigmas antigos na forma secuencial de presentación dos contidos, na clasificación do alumnado en series, e principalmente, na quebra das actitudes xerais ante o coñecemento, esta metodoloxía fai posible, pois, a aquisición e construción do saber de todas as persoas involucradas no proceso a través das innumerables posibilidades de adquisición de información.

Este enfoque enfatiza a aprendizaxe a longo prazo, interdisciplinar e centrada no alumnado. É unha forma de aproximación ao coñecemento que adoita ser menos estruturada cás actividades tradicionais, centradas no profesorado. Nunha aula con proxectos, o alumnado precisa, a cotío, organizar o seu propio traballo e xestionar o seu tempo. Esa estrutura prevé que o alumnado colabore entre si e traballe para entender o que están a facer, polo que se fai unha especial énfase no traballo colaborativo, e tamén na bagaxe e recursos propios do alumnado.

Elementos

Algúns elementos para unha boa experiencia coa aprendizaxe por proxectos inclúen:

  • Cuestións ou conflitos que parten dos intereses e dúbidas do alumnado, e que sexan orixinais, reais e relevantes para as súas vidas.
  • Uso de tecnoloxías da comunicación e información.
  • Aprendizaxe centrada no alumnado e que promova o uso deliberado da súa autonomía.
  • Colaboración intragrupal.
  • Compoñentes multidisciplinares.
  • Traballo a longo prazo e que non precisa ser realizado en períodos de aula, nin sequera en tempos de aula.
  • Debe estar orientada aos resultados, cun estudo e unhas presentación e actuación, como resultado da indagación orixinal.tic

Nestes proxectos, a tecnoloxía dixital e a informática proporciónanlle unha nova dinámica á educación. Facilita a interacción e a participación activa do alumnado, xa que poden elaborar os seus proxectos en grupos e en liña, permanentemente conectados. Os seus contidos, así como a súa constante actualización, é instantánea e fica dispoñíbel para quen desexe acceder a ditos contidos. O uso de software libre e os distintos ambientes virtuais de aprendizaxe (como o Moodle ou Chamilo) son ferramentas dispoñibles que posibilitan, facilitan e enriquecen este método.

Esta nova dimensión do ensino parte da curiosidade e do desexo de aprender do alumnado. O que aínda falta é saber moverse nese novo saber e conseguir auxiliar ao alumnado a desenvolver a súa intelixencia e avanzar na súa sabedoría.

Advertisements

Posted on 26 Xaneiro 2015, in Educación, Novas, Pedagoxía, Recursos TIC, Sen clasificar and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: