Category Archives: Arte

Como facer un STOP MOTION

O stop-motion é unha técnica de animación con imaxes fixas que coa sucesióstop motion 1n destas secuencias estáticas (tamén chamadas frames), obtidas por diversos métodos: fotografías, debuxos ou figuras de plastilina/ arxila, recrean un movemento.

Nesta técnica combínanse, pois, distintas ferramentas, que van dende as manualidades ata as novas tecnoloxías. Dentro deste novo ámbito, diferentes programas e aplicacións permiten modificar elementos da animación final. É posible cambiar o fondo da animación (por exemplo, poñer monte ou mar), aumentar a calidade da imaxe visual, engadir unha ou varias pistas de son, etc.

Se queres ver un exemplo pulsa na seguinte aquí

 

Advertisements

A técnica creativa do 7+1

Xa que temos nas mans un relato ben xeitoso, o gañador do noso concurso, que mellor idea que enredar con el para ver os resultados dunha das moitas técnicas creativas literarias que existen.

Para levala a cabo necesitamos un anaco do texto, o primeiro parágrafo, por exemplo, e un dicionario (físico ou virtual). A partir do texto en cuestión, comezamos por sinalar o substantivos (tamén se pode facer cos verbos) e buscalos no dicionario para localizar o sétimo substantivo posterior e proceder a cambialos. Ex.: peixe2

TEXTO DE PARTIDA

Desde a ventá da solaina puiden ver como a lúa estendía o seu manto pola boca da ría

TEXTO MODIFICADO
Desde a ventilación do solario puiden ver como a lubrificación se estendía pola manufactura da bocana do ribanco.
É ben sinxelo e divertido. Por suposto, é lexítimo cambiar o xénero e o número do substantivo e as preposicións ou conxuncións, se é preciso. Coa obtención deste novo comezo, xa estamos listos para facer unha historia totalmente nova. Probádea e se queredes compartide o resultado nos comentarios.