Category Archives: Cultura popular

Novos premiados que revelan talentos

Nestas datas vimos de coñecer a resolución dos Premios Peña Novo 2013 para o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela, polo que se recoñece a dinamización lingüística do galego do seu decano, don Evaristo Nogueira, e para o  investigador ribeirao Clodio González Pérez, etnógrafo prolífico que pretendeu e favoreceu a preservación dos patrimonios cultural e artístico.Momentos_Poesia

Por outra parte, tamén se entregou o I Premio Imaxina Cantares!, adicado ao Equipo de Normalización Lingüística do instituto Aquis Celenis, de Caldas de Reis, polo seu traballo sobre formación profesional e ensenanzas especiais denominado “Agora é outro cantar”.

E por último, pero non derradeiro, o Premio Lingua de Ouro 2013 a Manuel Rodríguez Pastoriza (membro fundador da comparsa de Entroido Xarángallo Mángallo) e o Premio Lingua de Trapo á concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez Gómez da man da Asociación Queremos Galego Marín.

Advertisements

Cancioneiro popular na rede

Temos á nosa disposición na rede o cancioneiro de tradición oral recollido e ordenado por Schubarth e Santamarina. As cantigas aparecen clasificadas en volumes e podes acceder ás melodías, partituras e letras.

Trátase do resultado dun traballo de investigación realizado durante os anos 1980 a 1985 xa publicado daquela pola Fundación Barrié.

cancioneiroXa de paso, recomendamos a visita á web de EducaBarrié, desde a que se poden acceder a recursos de interese didáctico.

Microtoponimia online

Sabemos que os nomes dos lugares permaneceron no tempo grazas á memoria colectiva e moi poucas veces nos documentos privados ou oficiais. Costa ÁrtabraPara que este patrimonio inmaterial non se perda puxéronse en marcha moitas iniciativas a través de internet. A última (pero non derradeira) recolle todos os nomes de praias, penas, montes, furnas, etc. da Costa Ártabra por volumes. Alá van os dous primeiros.