Category Archives: Literatura

Novas sobre a literatura galega e sobre os obradoiros ou concursos en marcha.

Poesía sempre

Púxenme a buscar poesía e atopGATO  POETAeina. En sitios inesperedos: Lectura na rede. En tantos recunchos fructíferos. E por iso decidín rescatala neste blogue, tanto neste artigo como na escolla das ligazóns.

Poesía para todas as idades: Recursos para a poesía, entre as que quero destacar, nesta ocasión, a idade infantil: Peque poemas:Un dos seus referentes é Antonio García Teijeiro, do que xa temos na nosa selección a súa páxina propia: Versos e Aloumiños, pero hai moitos máis autores tanto actuais como anteriores. Moitos poemas destes artistas foron musicados: Son de Poetas, e outros cantares populares ben deixan un recendo a poesía perfecto para a infancia e o folclore noso.

Non podemos esquecer as páxinas xa sinaladas noutrora, cando comezamos este proxecto, pero como todos os seres vivos, este ente tamén medra e con el os tesouros que imos recollendo polo camiño, como estoutras:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Técnica literaria do abecedario

Chegou o estío. Se cadra tendes máis tempo de lecer, se callar, simplemente, queredes aprender outra técnica creativa literaria, sexa como for, falamos hoxe dun enredo moi produtivo e rendible.abc

Consiste en construír unha ou máis ideas a partir de palabras que sigan a orde do abecedario: a primeira palabra co a, a segunda co b e así sucesivamente. Sobre esta base pódense ir poñendo as limitacións que se estimen oportunas, por exemplo evitar as preposicións, as conxuncións, etc. Para que vexades que non é difícil, velaquí  vos deixamos uns exemplos:

Ante blasfemias corolarias de elefantes finxidos, grandes harmonías ilusas lúen manchas negras, ñáñaras, obxectos planos que roen substancias transxénicas, untuosas, venéreas, xa zoupas.

 

E se estades moi creativ@s, podedes escoller tan só unha letra inicial para todas as palabras ou incluso facer un acróstico pechado, o cal, segundo o nome en vertical, marca as iniciais de todas as verbas de cada liña ou verso. Animádevos, sede creativos e compartídeo connosco.

Aparece un exemplar de “Cantares” con fotografía e autógrafo

scaleO presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, anunciou este venres o achado dun exemplar único da primeira edición do libro ‘Cantares Gallegos’, que inclúe unha fotografía inédita da poeta, un autógrafo e unha carta de Fernán Caballero á autora.

Novos enlaces de interese

Non queremos deixar de animarvos a que visitides o apartado das Ligazóns seleccionadas. Nel atoparedes as páxinas máis relevantes e substanciosos sempre actualizadas.

arroba1De feito acabamos de engadir estas (as tres primeiras na sección de literatura e as dúas últimas na de lingua):

100% maleducadas– blog dun club de lectura sobre escritoras en galego.

Literalingua– compendio dos temas literarios propios do ensino medio xunto con outros motivos histórico-literarios de interese para o contexto cultural.

Letra en obras– amantes da lectura e da escritura nunha canle de difusión alternativa.

Vocabulario multilingüe de acuicultura

Aula virtual de Baía Edicións- Acceso en liña aos contidos educativos propios da editorial.

 

 

A técnica creativa do 7+1

Xa que temos nas mans un relato ben xeitoso, o gañador do noso concurso, que mellor idea que enredar con el para ver os resultados dunha das moitas técnicas creativas literarias que existen.

Para levala a cabo necesitamos un anaco do texto, o primeiro parágrafo, por exemplo, e un dicionario (físico ou virtual). A partir do texto en cuestión, comezamos por sinalar o substantivos (tamén se pode facer cos verbos) e buscalos no dicionario para localizar o sétimo substantivo posterior e proceder a cambialos. Ex.: peixe2

TEXTO DE PARTIDA

Desde a ventá da solaina puiden ver como a lúa estendía o seu manto pola boca da ría

TEXTO MODIFICADO
Desde a ventilación do solario puiden ver como a lubrificación se estendía pola manufactura da bocana do ribanco.
É ben sinxelo e divertido. Por suposto, é lexítimo cambiar o xénero e o número do substantivo e as preposicións ou conxuncións, se é preciso. Coa obtención deste novo comezo, xa estamos listos para facer unha historia totalmente nova. Probádea e se queredes compartide o resultado nos comentarios.

Relato premiado

Prácenos presentarvos o relato gañador do noso concurso literario. Parabéns a Iria G.V., a quen enviaremos o premio correspondente a un lote de libros valorado en 250 €.

Podedes acceder ao relato mediante este enlace:

relato-letras-gal-2013

Xa temos gañador/a do noso concurso

books-42932_640Despois da deliberación do xurado de Lume na Cinza resultou gañador o relato identificado baixo o lema Iria Flavia. Pregamos ao seu autor ou autora que se poña en contacto connosco e confirme, co envío do orixinal, a súa autoría e nos proporcione os seus datos persoais. Parabéns ao afortunado ou afortunada que recibirá un lote de libros, valorado en 250€. Agradecemos profundamente a numerosa participación e a boa acollida deste primeiro concurso. Animámosvos a concursar nas vindeiras convocatorias.

Cancioneiro popular na rede

Temos á nosa disposición na rede o cancioneiro de tradición oral recollido e ordenado por Schubarth e Santamarina. As cantigas aparecen clasificadas en volumes e podes acceder ás melodías, partituras e letras.

Trátase do resultado dun traballo de investigación realizado durante os anos 1980 a 1985 xa publicado daquela pola Fundación Barrié.

cancioneiroXa de paso, recomendamos a visita á web de EducaBarrié, desde a que se poden acceder a recursos de interese didáctico.

Saen á luz 23 poemas escritos entre 1380 e 1430

Saen poemasá luz 23 poemas escritos entre 1380 e 1430 por Afonso Paez. Os poemas foron atopados nun arquivo familiar de Ferrol e conservados na actualidade no domicilio da súa propietaria en Lugo. Recóllense nun mesmo volume editado por Henrique Monteagudo, quen destaca que se trata de composicións para o seu recitado e, probablemente, sexan das máis antigas producidas no centro oeste da Península Ibérica.

Son boas novas para un período da nosa produción literaria ben pouco coñecido.

Engadimos este enlace que nos ofrece unha pequena valoración sobre a importancia deste achado.

Prezi (un editor dinámico)

constelacion2Achegámonos a Prezi, unha alternativa interesante á hora de facer unha presentación. Xa afeitos ao power-point e ao slide-share, agora bate con forza esta aplicación. O obxectivo é, para todas estas ferramentas, o mesmo: compartir ideas cunha organización e presentación atractivas, dinámicas, amenas e comprensibles. Por suposto ten cabida a divulgación didáctica, ademais de moitas outras. Para exemplo este magnífico traballo dunha alumna de 3º da ESO do IES de Poio, Sofía Domínguez, cunha pequena constelación literaria titulada Poemas fronte á adversidade.