Category Archives: Novas

O software libre e gratuíto

Hoxe en día, cada vez máis, é frecuenteque nas casas teñamos acceso a un ordenador con Internet. Pero poucas sabemos que ese ordenador pode empregar mapa boprogramas gratuítos. Ademais, tanto para as persoas que aínda comezan agora a afacerse co mundo das TIC, como para as que queiran avanzar no eido do software libre, a Xunta de Galicia dispón das aulas CeMIT, repartidas por todo o territorio galego.

Estas aulmonas poñen a disposición do público xeral o acceso a ordenadores con Internet, con determinados horarios de libre disposición, e tamén ofrece cursos gratuítos de carácter presencial e en liña. Para desenvolver estes cursos en liña, a Xunta emprega a aplicación EMA, coa cal podemos acceder aos programas Gimp inkscape
(deseño gráfico), Openshot (montaxe de vídeo), Audacity (edición de son), Inkscape (edición folletos e carteis).

Ademais, tamén dende a Xunta, están a xestionar unha web como punto de encontro para almacenar todas as aplicacións gratuítas que son creadas pola institución. Trátase do repositorio de software A Forxa. Todo isto depende do organismo especializado neste campo,20120315_logo_AMTEGA.png_535762339 Amtega (Axencia para a modernización tecnolóxica) que colabora estreitamente tamén co CNT (centro de novas tecnoloxías) onde se ofrecen moitos cursos de informática para usuarios avanzados.

 

 

 

Advertisements

Pílulas de coñecemento

Cando hai dúbidas concretas sobre a lingua adoitan facerse pequenos apuntamentos a modo de retallos que na era dixital e no eido educativo poden chamarse pílulas.

pilulas

Esta imaxe é un exemplo deste tipo de casos, que vén a demostrarnos o traballo que aínda nos queda por facer neste noso blogue. Así pois, estes contidos foron recollidos por un blogue do centro educativo, tan numerosos e dispares, que ben merecen un apartado na noso menú de ligazóns.

Está en galego

Nesta aventura dos blogues é frecuente apoiarnos uns aos outros. Xa é sabido que é relativamente sinxelo crear un blogue, igual que ter un fillo/a, plantar unha árbore ou escribir un libro; o difícil é manter o blogue con vida, igual que criar os fillos/as, coidar as plantas e publicar as obras. Os blogues como entes vivos nacen, estáncanse, bolen, cópianse, empápanse, corren, miran e morren. Abofé. Por iso é tan importante o alento do resto da comunidade blogueira ou internética. Igual que o ser humano, precisa o factor social para medrar.

O primeiro é un blogue xa existente que estivo pasando unha época de reflexión e que volve con moito brío e contidos de relevancia. Trátase de

dubgal Dúbidas do galego. Debo confesar que unha das miñas ideas cando me metín, xunto co meu colega, neste proxecto, era facer algo semellante. É, polo tanto unha ferramenta moi necesaria e moi fiable na que se poden consultar en liña pequenas e grandes dúbidas da nosa lingua. Sempre recomendable. Moi contentos de que volva a estar ao día.

 

O segundo é outro blogue que acaba de nacer e que ben merece a nosa atención e o noso alento.

en galegoEstá en Galego é a aposta pola tecnoloxía no noso idioma. Trátase dunha recompilación de aplicacións ben de software, de android ou mesmo páxinas webs relacionadas coas TIC, que están na nosa lingua ou ben poden traducirse con facilidade. En palabras dos creadores/as:

Navegamos, vemos cousas xeitosas e como somos así de caprichosos dános por fedellar, traducir e ver de que tamén estean dispoñibles en lingua galega… Se ves algo por aquí que che pareza de interese gózao e divúlgao 😉

Estamos totalmente de acordo con esta última premisa. Xa sabedes. #FF como din en Twitter. Ou mellor #MF.

Se algo do que atopedes aquí, vos gusta, gozádeo e compartídeo.

Que son os MOOCS?

Mooc é o acrónimo en inglés de Massive Online Open Courses (cursos en liña masivos e abertos ). Estes cursos masivos son a evolución da educación aberta en internet.

Para entender mellor que son os MOOCs imos pararnos palabra por palabra en orde inversa:

Courses (cursos): son cursos educativos, que adoitan ter unha duración  de 6-8 semanas, tempo suficiente para abordar un tema en  profundidade, pero no son comparables con, por exemplo, cun programa de máster.

Online (en liña): aproveitan as oportunidades que ofrece Internet, e  para acceder a este tipo de cursos o único que precisamos é un navegador web e un ordenador con acceso a Internet.

Open (abertos): normalmente nestes cursos non hai restricións para matricularse. O máis habitual é que sexan gratuítos.

Massive (masivos): empregan métodos técnicos e pedagóxicos que permiten atender un número elevado de persoas interesadas.

mooc-300x219Pode que ningunha destas características represente unha innovación definitivana educación. Non obstante, a conxunción das catro supón unha pequena gran revolución no escenario educativo.

O máis relevante deste tipo de cursos é que, ao contrario do que se pensa, non sempre están orientados ao ámbito técnico. Hai material para todas as idades e en todos os niveis, abrindo as portas a calquera persoa que queira aprender algo novo.

Aprendizaxe por proxectos

Definición

A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como propósito promover unha aprendizaxe profunda a base de estimular o alumnado de primaria con indagacións e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes nas súas vidas.images

Nos proxectos de aprendizaxe as dúbidas e intereses do alumnado crean o propio proxecto, ao existir pola súa parte interese por resolver as súas dúbidas. Á hora de deseñar un proxecto é necesario partir dos coñecementos previos do alumnado e relacionalos cos obxectivos e competencias que se queren acadar.

A aprendizaxe por proxectos dá pé a unha maior interacción entre profesorado e alumnado, visto que constrúe un universo de accións diversificadas que permiten a participación activa do alumnado. Ao longo do traballo por proxectos, o profesorado desempeña o papel de mediador, e desaparece o seu rol como detentor único do saber.

Propósito

A aprendizaxe por proxectos está deseñada para empregar con cuestións complexas que esixan facer pescudas por parte do alumnado para seren entendidas. Non parece válido o uso de proxectos para recompilar simple información enciclopédica ou feitos. Por exemplo, pódese pedir ao alumnado que analice a calidade da auga dun río local para aprender sobre o ambiente local e outras cuestións ambientais que o afectan.

A aprendizaxe por proxectos introduce novas formas de aprendizaxe-ensino, máis aló da ruptura cos paradigmas antigos na forma secuencial de presentación dos contidos, na clasificación do alumnado en series, e principalmente, na quebra das actitudes xerais ante o coñecemento, esta metodoloxía fai posible, pois, a aquisición e construción do saber de todas as persoas involucradas no proceso a través das innumerables posibilidades de adquisición de información.

Este enfoque enfatiza a aprendizaxe a longo prazo, interdisciplinar e centrada no alumnado. É unha forma de aproximación ao coñecemento que adoita ser menos estruturada cás actividades tradicionais, centradas no profesorado. Nunha aula con proxectos, o alumnado precisa, a cotío, organizar o seu propio traballo e xestionar o seu tempo. Esa estrutura prevé que o alumnado colabore entre si e traballe para entender o que están a facer, polo que se fai unha especial énfase no traballo colaborativo, e tamén na bagaxe e recursos propios do alumnado.

Elementos

Algúns elementos para unha boa experiencia coa aprendizaxe por proxectos inclúen:

  • Cuestións ou conflitos que parten dos intereses e dúbidas do alumnado, e que sexan orixinais, reais e relevantes para as súas vidas.
  • Uso de tecnoloxías da comunicación e información.
  • Aprendizaxe centrada no alumnado e que promova o uso deliberado da súa autonomía.
  • Colaboración intragrupal.
  • Compoñentes multidisciplinares.
  • Traballo a longo prazo e que non precisa ser realizado en períodos de aula, nin sequera en tempos de aula.
  • Debe estar orientada aos resultados, cun estudo e unhas presentación e actuación, como resultado da indagación orixinal.tic

Nestes proxectos, a tecnoloxía dixital e a informática proporciónanlle unha nova dinámica á educación. Facilita a interacción e a participación activa do alumnado, xa que poden elaborar os seus proxectos en grupos e en liña, permanentemente conectados. Os seus contidos, así como a súa constante actualización, é instantánea e fica dispoñíbel para quen desexe acceder a ditos contidos. O uso de software libre e os distintos ambientes virtuais de aprendizaxe (como o Moodle ou Chamilo) son ferramentas dispoñibles que posibilitan, facilitan e enriquecen este método.

Esta nova dimensión do ensino parte da curiosidade e do desexo de aprender do alumnado. O que aínda falta é saber moverse nese novo saber e conseguir auxiliar ao alumnado a desenvolver a súa intelixencia e avanzar na súa sabedoría.

O polbo, a icona, o cogombro e outras amizades da contorna

En todas as linguas vivas hai discusións e desencontros coas palabras que se empregan. O habitual é que as institucións encargadas de dirimir estes asuntos escollan as mellores opcións segundo distintos argumentos e fundamentos. Pero o feito desta polémica sempre afecta á sociedade por dúas cuestións ben diferenzadas:

  • Por se trataren de termos prestados ou calcados doutras linguas que se están adaptando á lingua receptora, sen sermos conscientes do seu futuro, como é o caso de novos inventos que traen canda si  novas palabras, sexan máis ou menos especializadas, tales como gadget, e-pub, etc. Para este terreo tan amplo traballan arreo a terminoloxía e a neoloxía co estudo e a investigación sobre este fenómeno e coa publicación de dicionarios específicos.
  • Por seren termos que presentan unha longa tradición escrita pero que non coinciden, exactamente, coa fala viva. Pode ser porque están influenciadas polo castelán ou ben porque se deturparon polo uso cotiá. Neste apartado, entrarían a maioría dos castelanismos que se empregan acotío: *bueno, *acera, *pulpo, etc.

Estes castelanismos sempre supuxeron e supoñen unha dura loita na normativización e normalización da lingua galega. Non quero dilatarme aquí explicando minuciosamente estes dous procesos na lingua galega en comparación co castelán. Pero si quero deixar claro que este fenómeno de desencontro é habitual e tamén normal. O mesmo Antón Santamaría ten falado da dificulatade da introdución da palabra beirarrúa, pero que ao final, polo menos, no ámbito escrito, entrase. Outras non teñen a mesma sorte. Sobre todo en escritos de curta duración como cartaces, folletos e notas informativas. Nelas é moi difícil atopar cogombro, polbo, garfo, vasoira ou necrolóxica, no canto das consabidas *pepino, *pulpo, *tenedor, *escoba ou *esquela. Outras pertencen a usos máis formais e aparecen de cando en vez pero, a miúdo, son cambiadas por sinónimos, como é o caso de icona, contorna…

Por iso, lingüistas, filológas e filológos, e demais xente do común esta é unha batalla máis que cómpre gañar. Que se fale galego, que non se perda nas novas xeracións, e que ese galego sexa de calidade e uniforme, que non único. Polo polbo galego!

Logo_Polbo_das_Rias

 

As posibilidades que ofrece unha WIKI

As diversas ferramentas de internet abren múltiplos abanos nunca antes pensados ou sequera sospeitados. Desta vez, falamos das wikis, que alén doutras moitas posibilidades, tamén ten unha vertente educativa moi interesante. A wiki é un espazo privado e colectivo onde os seus membros poden crear e editar documentos en liña. O exemplo máis coñecido é o da wikipedia, pero existen moitas outras alternativas. Na rede pódense atopar varias webs (por exemplo: wikispaces) onde calquera pode dispoñer dun espazo propio e gratuíto para traballar colectivamente e en tempo real sobre o tema que se desexe. De feito, é habitual atopar moitas delas xa construídas, incluso como entretidas e didácticas buscas de tesouros, tamén coñecidas como webquests. Nestes documentos temáticos organízanse unha serie de pistas e probas que conducen ao alumnado na procura dun documento final completo e axeitado ao nivel correspondente como unha experiencia lúdica e participativa tamén a través do erro.

Xa vedes que é moi interesante e flexible. Velaquí tendes un vídeo ilustrativo e sinxeliño do que son e como se usan:

Como facer un STOP MOTION

O stop-motion é unha técnica de animación con imaxes fixas que coa sucesióstop motion 1n destas secuencias estáticas (tamén chamadas frames), obtidas por diversos métodos: fotografías, debuxos ou figuras de plastilina/ arxila, recrean un movemento.

Nesta técnica combínanse, pois, distintas ferramentas, que van dende as manualidades ata as novas tecnoloxías. Dentro deste novo ámbito, diferentes programas e aplicacións permiten modificar elementos da animación final. É posible cambiar o fondo da animación (por exemplo, poñer monte ou mar), aumentar a calidade da imaxe visual, engadir unha ou varias pistas de son, etc.

Se queres ver un exemplo pulsa na seguinte aquí

 

Nace #androidengalego

androidengalegoPonse en marcha #androidengalego, unha campaña aberta que pretende facer ver a necesidade de que Google habilite o galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo de Android.

Con máis de 3 millóns de usuarios, o galego non aparece entre as opcións de idioma, malia que, como apunta a propia plataforma, máis do 90% dos teléfonos intelixentes que se venden en Galicia levan o sistema operativo Android.

“Esta iniciativa, xurdida do blog especializado Mallando no Android, conta co apoio do operador de telecomunicacións galego R Cable, e diversas empresas adicadas ao desenvolvemento de aplicacións móbiles en Galicia, como Smart GalApps, Zadia Software, RedInPut, Mobialia, NeoBitStudio e distribuidores como HardGalicia”.

Aparece un exemplar de “Cantares” con fotografía e autógrafo

scaleO presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, anunciou este venres o achado dun exemplar único da primeira edición do libro ‘Cantares Gallegos’, que inclúe unha fotografía inédita da poeta, un autógrafo e unha carta de Fernán Caballero á autora.