Arquivo do blog

Contidos multimedia e aplicacións interactivas

multimediaHoxe comezamos unha nova serie de artigos dedicados aos contidos multimedia e as aplicacións interactivas. O noso propósito é elaborar o noso propio material, xa que en lingua galega aínda queda bastante por facer. Tamén traballaremos, asemade, cos materias xa feitos tanto en castelán como en galego, coa intención de recomendarvos os que nós consideramos máis útiles, novidosos, completos e/ou actualizados. Nesta tarefa aproveitaremos para ensinarvos a vós, se queredes, como facer o voso propio material multimedia. Toda esta información, da cal xa temos algunha escollida no apartado das TIC, ligazóns seleccionadas, iranse engadindo nesa mesma listaxe. Para abrir boca queremos adiantarvos unha serie de recursos educativos en liña, da man do noso compañeiro e mestre Alberto, outros tamén engadidos polo profesor Ángel Poveda e outras listaxes como a do Caderno Intercultural.

 

Advertisements

Nace #androidengalego

androidengalegoPonse en marcha #androidengalego, unha campaña aberta que pretende facer ver a necesidade de que Google habilite o galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo de Android.

Con máis de 3 millóns de usuarios, o galego non aparece entre as opcións de idioma, malia que, como apunta a propia plataforma, máis do 90% dos teléfonos intelixentes que se venden en Galicia levan o sistema operativo Android.

“Esta iniciativa, xurdida do blog especializado Mallando no Android, conta co apoio do operador de telecomunicacións galego R Cable, e diversas empresas adicadas ao desenvolvemento de aplicacións móbiles en Galicia, como Smart GalApps, Zadia Software, RedInPut, Mobialia, NeoBitStudio e distribuidores como HardGalicia”.

O bUSCatermos dispoñible para Android

Hai uns meses fixémonos eco da nova de que tiñamos ao noso dispor o bUSCatermos para Apple. Pois ben, agora comunicamos que acaban de presentar a versión do buscador para os dispositivos Android. Pódese descargar nesta páxina de Google ou ben buscala e instalala desde propio dispositivo.

Consulte termos técnicos en galego e noutras linguas (castelán, portugués, inglés, francés, catalán…) nunha base de datos de máis de 150.000 entradas. Nela atopará:

* Información sobre o termo buscado (definición, área de especialidade á que pertence) * Nomes que recibe noutros idiomas. * Diccionarios ou vocabularios nos que se documenta a información presentada [só para galego] * Valoración (representada por estrelas) da calidade das denominacións presentadas, e recomendacións para o seu uso [só para galego] * Marcadores de termos.logo1bUSCatermos

O bUSCatermos dispoñible para Apple

Onte presentouse unha nova aplicación do bUSCatermos que permite a consulta desta base de datos de terminoloxía técnica multilingüe existente en liña no portal da da USC a través de dispositivos móbiles, polo de agora, de Apple.  Os restantes sistemas operativos terán que agardar un chisco.logo1bUSCatermos