Arquivo do blog

A inclusión social na educación I

Os problemas do alumnado, que rexeita a escola e que “fracasa” nela, adoitan ter que ver con barreiras e riscos que só se poderían superar cunha vida máis fácil e feliz da que teñen, nunha sociedade menos excluínte, cuns estímulos afectivos e intelectuais máis ricos e coa presenza de “educadores e educadoras” que confíen e traballen con eles plenamente.
Agora ben, tamén se precisa unha clara e firme vontade política da Administración para deseñar medidas efectivas que incidan directamente na estrutura do sistema educativo que, en contra do esperado, segue a reducir os apoios escolares.

unescoO risco de exclusión aumenta nos mozos e mozas entre os 15 e os 18 anos. Para eles xa se foron propoñendo programas curriculares nas distintas leis educativas, todos eles cunhas limitacións moi marcadas para a consecución duns obxectivos básicos e esenciais de calidade, equidade e corresponsabilidade educativa.

A partir desta situación establécese un debate que xira sobre as medidas para a prevención da exclusión e para a promoción da inclusión da mocidade que está en risco, e sobre as posibilidades reais e necesarias de innovación e experimentación na atención á diversidade por medio da creación dun Observatorio Xeral sobre Educación Inclusiva.

Ambas as dúas vertentes do debate serán obxecto de desenvolvemento no próximo artigo.

Advertisements

Usos do ‘se’ en galego

O se pode desempeñar estas funcións:

1. Pronome reflexivo (cando o obxecto e o suxeito do verbo son o mesmo):

  • O can lávase na auga do río.
  • Nunca se pode combinar co complemento directo e é moi frecuente omitilo:

    • O día de reis si que espertaron cedo.
    • Tomaron un descanso logo da mudanza.

2. Clítico de pasiva reflexa (sempre hai suxeito na oración):

  • Fixéronse xogos tradicionais no campo da feira.

3. Clítico impersoal (cando o verbo carece de suxeito):

  • Véndese piso no centro urbano.
4. Clítico pronominal, aquel que a conxugación necesita: arrepentirse, queixarse, xactarse, etc.
  • Laiábase sen parar.

Prezi (un editor dinámico)

constelacion2Achegámonos a Prezi, unha alternativa interesante á hora de facer unha presentación. Xa afeitos ao power-point e ao slide-share, agora bate con forza esta aplicación. O obxectivo é, para todas estas ferramentas, o mesmo: compartir ideas cunha organización e presentación atractivas, dinámicas, amenas e comprensibles. Por suposto ten cabida a divulgación didáctica, ademais de moitas outras. Para exemplo este magnífico traballo dunha alumna de 3º da ESO do IES de Poio, Sofía Domínguez, cunha pequena constelación literaria titulada Poemas fronte á adversidade.

Os recursos da web

Sabemos que existen multitude de aplicacións e ferramentas didácticas e lúdicas, moitas das cales xa foron seleccionadas para o noso blogue en canto son utilidades específicas para a lingua galega.tic02

Atopámonos, entón, con que moitas delas están noutros idiomas ou que, por outra parte, enchen a rede de información que nos satura e confunde. Polo que, neste blog pretendemos ir seleccionando eses contidos, traducíndoos ou, incluso, creándoos nós mesmos, en ocasións, coa colaboración en proxectos colectivos.

Así que se tendes algún interese específico non deixedes de comentárnolo e engadirémolo aos proxectos en marcha.

Abordando o TEA

tea siDende o portal ARASAAC podemos descargar un documental divulgativo moi interesente sobre o Trastorno do Espectro Autista.

O documental “Sí, Estoy Aquí” pretende dar a coñecer as características das persoas co Trastorno do Espectro Autista (TEA) dende o punto de vista do docente, nun medio social e educativo normalizado.

Para iso, relatan a experiencia dos Centros Preferentes, aqueles que, dependentes da Deputación de Aragón, escolarizan nenos con TEA e que ademais de perseguir a inclusión (máis aló da aula), insisten nunha boa estimulación e ensinanza baseadas en metodoloxías axeitadas ás características destes rapaces.

Mantermos viva a lingua

Buscas información sobre a lingua ou a literatura galega?

Gústache escribir e queres asesoramento?

Precisas axuda para realizar as túas tarefas?

Non atopas información en internet ou dubidas da súa calidade?

Lume na cinza pretende ser unha guía que optimice as vosas pesquisas. Ofrecemos unha selección de recursos sobre lingua, literatura, e métodos de traballo e estudo, co engadido da nosa axuda profesional, coa intención de que:

–> Entredes no mundo da lingua e da literatura galega

–> Atopedes o que buscas nunha fonte fiable

–> Participedes nos xogos e concursos que proporemos

–> Obteñades asesoramento e axuda online personalizada

Pretendemos manter viva a chama da lingua.

SÍGUENOS

Trastornos de aprendizaxe

Actualmente existe moita información sobre as dificultades de aprendizaxe que se poden detectar no alumnado. Normalmente o diagnóstico dos distintos trastornos adóitase facer nunha idade temperá, o que é fundamental para o seu tratamento e minimización. Se che interesa este tema e non sabes por onde comezar, este pode ser un bo manual básico sobre TRASTORNOS APRENDIZAXE que publica a Xunta de Galicia.