Arquivo do blog

Nace #androidengalego

androidengalegoPonse en marcha #androidengalego, unha campaña aberta que pretende facer ver a necesidade de que Google habilite o galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo de Android.

Con máis de 3 millóns de usuarios, o galego non aparece entre as opcións de idioma, malia que, como apunta a propia plataforma, máis do 90% dos teléfonos intelixentes que se venden en Galicia levan o sistema operativo Android.

“Esta iniciativa, xurdida do blog especializado Mallando no Android, conta co apoio do operador de telecomunicacións galego R Cable, e diversas empresas adicadas ao desenvolvemento de aplicacións móbiles en Galicia, como Smart GalApps, Zadia Software, RedInPut, Mobialia, NeoBitStudio e distribuidores como HardGalicia”.

Advertisements

O bUSCatermos dispoñible para Android

Hai uns meses fixémonos eco da nova de que tiñamos ao noso dispor o bUSCatermos para Apple. Pois ben, agora comunicamos que acaban de presentar a versión do buscador para os dispositivos Android. Pódese descargar nesta páxina de Google ou ben buscala e instalala desde propio dispositivo.

Consulte termos técnicos en galego e noutras linguas (castelán, portugués, inglés, francés, catalán…) nunha base de datos de máis de 150.000 entradas. Nela atopará:

* Información sobre o termo buscado (definición, área de especialidade á que pertence) * Nomes que recibe noutros idiomas. * Diccionarios ou vocabularios nos que se documenta a información presentada [só para galego] * Valoración (representada por estrelas) da calidade das denominacións presentadas, e recomendacións para o seu uso [só para galego] * Marcadores de termos.logo1bUSCatermos

Cancioneiro popular na rede

Temos á nosa disposición na rede o cancioneiro de tradición oral recollido e ordenado por Schubarth e Santamarina. As cantigas aparecen clasificadas en volumes e podes acceder ás melodías, partituras e letras.

Trátase do resultado dun traballo de investigación realizado durante os anos 1980 a 1985 xa publicado daquela pola Fundación Barrié.

cancioneiroXa de paso, recomendamos a visita á web de EducaBarrié, desde a que se poden acceder a recursos de interese didáctico.

Os recursos da web

Sabemos que existen multitude de aplicacións e ferramentas didácticas e lúdicas, moitas das cales xa foron seleccionadas para o noso blogue en canto son utilidades específicas para a lingua galega.tic02

Atopámonos, entón, con que moitas delas están noutros idiomas ou que, por outra parte, enchen a rede de información que nos satura e confunde. Polo que, neste blog pretendemos ir seleccionando eses contidos, traducíndoos ou, incluso, creándoos nós mesmos, en ocasións, coa colaboración en proxectos colectivos.

Así que se tendes algún interese específico non deixedes de comentárnolo e engadirémolo aos proxectos en marcha.