Arquivo do blog

Aparece un exemplar de “Cantares” con fotografía e autógrafo

scaleO presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, anunciou este venres o achado dun exemplar único da primeira edición do libro ‘Cantares Gallegos’, que inclúe unha fotografía inédita da poeta, un autógrafo e unha carta de Fernán Caballero á autora.

Advertisements

A técnica creativa do 7+1

Xa que temos nas mans un relato ben xeitoso, o gañador do noso concurso, que mellor idea que enredar con el para ver os resultados dunha das moitas técnicas creativas literarias que existen.

Para levala a cabo necesitamos un anaco do texto, o primeiro parágrafo, por exemplo, e un dicionario (físico ou virtual). A partir do texto en cuestión, comezamos por sinalar o substantivos (tamén se pode facer cos verbos) e buscalos no dicionario para localizar o sétimo substantivo posterior e proceder a cambialos. Ex.: peixe2

TEXTO DE PARTIDA

Desde a ventá da solaina puiden ver como a lúa estendía o seu manto pola boca da ría

TEXTO MODIFICADO
Desde a ventilación do solario puiden ver como a lubrificación se estendía pola manufactura da bocana do ribanco.
É ben sinxelo e divertido. Por suposto, é lexítimo cambiar o xénero e o número do substantivo e as preposicións ou conxuncións, se é preciso. Coa obtención deste novo comezo, xa estamos listos para facer unha historia totalmente nova. Probádea e se queredes compartide o resultado nos comentarios.

Relato premiado

Prácenos presentarvos o relato gañador do noso concurso literario. Parabéns a Iria G.V., a quen enviaremos o premio correspondente a un lote de libros valorado en 250 €.

Podedes acceder ao relato mediante este enlace:

relato-letras-gal-2013

Xa temos gañador/a do noso concurso

books-42932_640Despois da deliberación do xurado de Lume na Cinza resultou gañador o relato identificado baixo o lema Iria Flavia. Pregamos ao seu autor ou autora que se poña en contacto connosco e confirme, co envío do orixinal, a súa autoría e nos proporcione os seus datos persoais. Parabéns ao afortunado ou afortunada que recibirá un lote de libros, valorado en 250€. Agradecemos profundamente a numerosa participación e a boa acollida deste primeiro concurso. Animámosvos a concursar nas vindeiras convocatorias.

Saen á luz 23 poemas escritos entre 1380 e 1430

Saen poemasá luz 23 poemas escritos entre 1380 e 1430 por Afonso Paez. Os poemas foron atopados nun arquivo familiar de Ferrol e conservados na actualidade no domicilio da súa propietaria en Lugo. Recóllense nun mesmo volume editado por Henrique Monteagudo, quen destaca que se trata de composicións para o seu recitado e, probablemente, sexan das máis antigas producidas no centro oeste da Península Ibérica.

Son boas novas para un período da nosa produción literaria ben pouco coñecido.

Engadimos este enlace que nos ofrece unha pequena valoración sobre a importancia deste achado.

Recordatorio do concurso literario

Lembrámosvos que queda menos dun mes para o remate do prazo para a presentación dos orixinais!celanova 001

Revisade as bases da convocatoria e animádevos.

Queremos precisar que o premio consiste no exemplar titulado San Salvador de Celanova, libro de gran formato (32 x 42cm, 223 páxinas, tapa dura e tea) valorado en 150€.

Cantares gallegos desde a óptica de 1º ESO

Cando un quere, pode. Consultade este traballo realizado nas clases de plástica por alumnos de 1º ESO do IES Blanco Amor de Ourense. Consúltao aquí.

Citas co libro

Nestes días estamos coñecendo novas datas da comercialización do libro fóra das librerías. Tanto o outlet do libro galego como as Feiras de libros.
Estas son as datas para o outlet:
Estas son as Feiras do libro previstas para 2013. Esta listaxe completa vai estar accesible tamén dende o calendario da nosa páxina “Actividades e eventos”.
CIDADE
DATAS
Ferrol
19/04 a 23/04
Santiago
27/04 a 05/05
Lugo
14/05 a 19/05
Pontevedra
21/05 a 26/05
Ourense
04/06 a 09/06
Vigo
28/06 a 07/07
A Coruña
01/08 a 11/08
Viveiro
13/08 a 16/08
Foz
17/08 a 20/08
Monforte
22/08 a 25/08
Rianxo
25/07 a 28/07