Arquivo do blog

Nace #androidengalego

androidengalegoPonse en marcha #androidengalego, unha campaña aberta que pretende facer ver a necesidade de que Google habilite o galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo de Android.

Con máis de 3 millóns de usuarios, o galego non aparece entre as opcións de idioma, malia que, como apunta a propia plataforma, máis do 90% dos teléfonos intelixentes que se venden en Galicia levan o sistema operativo Android.

“Esta iniciativa, xurdida do blog especializado Mallando no Android, conta co apoio do operador de telecomunicacións galego R Cable, e diversas empresas adicadas ao desenvolvemento de aplicacións móbiles en Galicia, como Smart GalApps, Zadia Software, RedInPut, Mobialia, NeoBitStudio e distribuidores como HardGalicia”.

Advertisements

O bUSCatermos dispoñible para Android

Hai uns meses fixémonos eco da nova de que tiñamos ao noso dispor o bUSCatermos para Apple. Pois ben, agora comunicamos que acaban de presentar a versión do buscador para os dispositivos Android. Pódese descargar nesta páxina de Google ou ben buscala e instalala desde propio dispositivo.

Consulte termos técnicos en galego e noutras linguas (castelán, portugués, inglés, francés, catalán…) nunha base de datos de máis de 150.000 entradas. Nela atopará:

* Información sobre o termo buscado (definición, área de especialidade á que pertence) * Nomes que recibe noutros idiomas. * Diccionarios ou vocabularios nos que se documenta a información presentada [só para galego] * Valoración (representada por estrelas) da calidade das denominacións presentadas, e recomendacións para o seu uso [só para galego] * Marcadores de termos.logo1bUSCatermos

A(s) lingua(s) a debate

Se48010_443139385768601_1656657536_n onte nos sorprendían en Galegobook con unha presentación, hoxe agradecemos a publicación dos mesmos autores de A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega.

Evolución sociolingüística do galego (1992-2008)

Desde hoxe temosImaxe á nosa disposición na biblioteca Galegobook o libro O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008 de Monteagudo, Carballo e Casares.

Citas co libro

Nestes días estamos coñecendo novas datas da comercialización do libro fóra das librerías. Tanto o outlet do libro galego como as Feiras de libros.
Estas son as datas para o outlet:
Estas son as Feiras do libro previstas para 2013. Esta listaxe completa vai estar accesible tamén dende o calendario da nosa páxina “Actividades e eventos”.
CIDADE
DATAS
Ferrol
19/04 a 23/04
Santiago
27/04 a 05/05
Lugo
14/05 a 19/05
Pontevedra
21/05 a 26/05
Ourense
04/06 a 09/06
Vigo
28/06 a 07/07
A Coruña
01/08 a 11/08
Viveiro
13/08 a 16/08
Foz
17/08 a 20/08
Monforte
22/08 a 25/08
Rianxo
25/07 a 28/07

Mantermos viva a lingua

Buscas información sobre a lingua ou a literatura galega?

Gústache escribir e queres asesoramento?

Precisas axuda para realizar as túas tarefas?

Non atopas información en internet ou dubidas da súa calidade?

Lume na cinza pretende ser unha guía que optimice as vosas pesquisas. Ofrecemos unha selección de recursos sobre lingua, literatura, e métodos de traballo e estudo, co engadido da nosa axuda profesional, coa intención de que:

–> Entredes no mundo da lingua e da literatura galega

–> Atopedes o que buscas nunha fonte fiable

–> Participedes nos xogos e concursos que proporemos

–> Obteñades asesoramento e axuda online personalizada

Pretendemos manter viva a chama da lingua.

SÍGUENOS