Arquivo do blog

Enlace recomendado: dicionario e algo máis

portal-palabrasQueremos recomendar como páxina de interese o Portal das palabras, recentemente presentado pola RAG. Este portal ofrece o coñecido dicionario normativo (RAG), coa posibilidade de procura de sinónimos, e outros apartados de utilidade didáctica (recursos educativos para a aprendizaxe)  e lúdica (xogos educativos).

A iniciativa vai dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. Tamén cremos que pode ser útil para xente que queira achegarse á nosa lingua aínda que sexa de xeito inicial. O que se precisa para aproveitar este Portal, repetimos, é que se teña curiosidade e ganas de aprender.

Advertisements

App do dicionario da RAG para Android e iOS

unnamedTemos ao noso dispor a posibilidade de descargar para os nosos teléfonos e tablets unha aplicación do dicionario de galego da RAG (Real Academia Galega). Está dispoñible para Android e estará en breve para Apple.