Recursos TIC

Na actualidade, son moitos os recursos educativos existentes baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). A continuación, ofrecemos unha escolla breve de utilidades que están a libre disposición na rede. A elas poderemos acceder a través dos navegadores ou descargalas como aplicacións aos nosos aparellos (tablets, smartphones, etc.).

Antes de nada, para os máis novos, recomendamos un pequeno espazo interactivo da editorial SM en que se describen os conceptos básicos de internet.

Navegador

De entrada, podes descargar o Firefox, navegador configurado para galego. Antes debes escoller o idioma e o sistema operativo do teu interese.

Procesadores de texto e ferramentas de lingua

Tamén dispós de procesadores de texto como o Openoffice, co seu correspondente manual de uso, ou o Libreoffice.

Normalmente, tanto estes como outros procesadores de texto incorporan un corrector ortográfico para galego. Con todo, existen aplicacións que nos permiten realizar unha revisión en liña, como é o caso de Ortogal. Se precisas máis información podes consultarnos ou ben deixarte guiar por aquí.

Se tes dúbidas e precisas a consulta nun dicionario de galego, ademais dos dicionarios, corpus e buscadores que xa relacionamos nos enlaces de interese, recomendámosche a descarga para o teu smartphone ou tablet do DicionarioGalego.

Outras aplicacións interesantes que nos van axudar na utilización da lingua son o Conxugalego, un conxugador de verbos en galego de descarga libre para smartphone e tablets. Atoparás un conxugador que se pode consultar en liña en Cilenis conxugador.

Se precisas, en cambio, realizar unha tradución desde ou para o galego, non deixes de descargar TradutorGalego para smartphones e tablets. Existen outros que se poden utilizar en liña e que nos permiten traducir tanto textos como webs, como Tradutor ES>GL, o Opentrad ou a súa versión mellorada, desenvolvida por un alumno do IES Chan do Monte de Mogor, en Marín, de software libre e permite traducir documentos OpenOffice en varias linguas: Traducíndote.

Son moi recomendables outros como o do Instituo Cervantes ou o sobradamente coñecido tradutor de Google. Lembra que estas ferramentas son de apoio e sempre van precisar dunha revisión persoal posterior. Se precisas máis información, podes consultar este enlace.

Unha serie de programas que cada vez presentan máis utilidade son os conversores de texto escrito en oral. Recomendamos o Cotovía, dispoñible para descarga (Open source), ou outros como Text-to-speech. Novidades como Fonogal xeran representacións fonéticas a partir de palabras escritas en portugués ou galego.

Redes sociais

Se che gusta participar en redes sociais, alén das arquicoñecidas, existen dúas xenuinamente galegas: Latri.ca e Cabozo.

Cultura e entretemento

Se nos metemos no terreo da transmisión do coñecemento, as TIC preséntanse como ferramentas de indiscutible utilidade que, ademais, amenizan o procesamento da información e a asimilación de conceptos por parte do alumnado.

Existen exemplos moi variados que imos representar con algunhas mostras de autor, como a Enciclopedia interactiva da cultura galega (para nivel de primaria).

Para o terreo da literatura atopamos ao noso dispor unha aplicación de contos galegos para smartphones e tablets descargable: Contoplanet. Tamén podemos consultar exemplos de contos en páxinas como Xandre, o elefante sen sombra. E, se sentes curiosidade pola escrita, mencionamos iniciativas polo seu carácter novidoso, aínda que de pagamento, como o disparador creativo dispoñible para galego.

Xa metidos no terreo do entretemento educativo online, son destacables iniciativas como O preguntoiro, O aforcado de San Xoán, O quebracabezas, Xogos populares (con instalación) e pasatempos dispoñibles en culturagalega.org. Están dirixidos a niveis educativos distintos.

Aplicacións para a creación de tarefas

Existen en liña moitos recursos que podemos utilizar para a creación de exercicios ou tarefas para os máis pequenos. Entre outros, sinalamos o Xerador de exercicios para Primaria, útil para crear contas e enunciados para seren traballados polo alumnado.

Moitas destas aplicacións están creadas con programas de creación de actividades que poden ser descargados e utilizados libremente por ti mesmo/a se te animas. Alén das páxinas que ofrecen guías e materiais de descarga, que recomendamos no apartado de enlaces, relacionamos aquí os máis comúns:

Ardora: aplicación informática gratuíta que lles permite aos docentes crear os seus propios contidos web sen necesidade de teren coñecementos técnicos de deseño ou programación. Pódense crear máis de 45 tipos distintos de actividades interactivas: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc; máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou flv, etc; e sete novas “páxinas para servidor”, anotacións e álbum colectivo, liñas de tempo, póster, chat, sistema de comentarios e xestor de arquivos.

Clic: ferramenta que permite a creación de crebacabezas, sopas de letras, asociacións, encrucillados e outras actividades de texto. Podes consultar o manual.

Flash: aínda que non é de balde, mencionámolo porque é de uso estendido. Traballa sobre fotogramas destinado á produción de contido interactivo que tamén se utiliza para crear recursos educativos.

Galogo: programa galego que se basea na linguaxe de programación Logo.

Hot potatoes: permiten en seis aplicacións crear actividades educativas en linguaxe html como cuestionarios de resposta múltiple (JBC), espazos para completar ocos (JCloze), exercicios de respostas abertas (JQuiz), encrucillados (JCross), exercicios de ordenar frases ou letras dunha palabra (JMix) e, en fin, exercicios de asociación ou emparellamento (JMatch).

JClic: é a evolución do Clic programado en Java. É o reprodutor das actividades. Posúe unha ferramenta (JClicAuthor) que permite crear e modificar proxectos xa feitos.

Lim (libros interactivos multimedia): aplicación que nos permite a creación de materiais educativos. Está composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o forman.

Webquest: é unha ferramenta que permite desenvolver a aprendizaxe do alumnado dun xeito guiado, ofrecendo unha proposta de traballo guiada para procurar os resultados en internet. A páxina está en inglés, así que existen iniciativas que nola aproximan en galego.

Xogamos: iniciativa que agrupa un conxunto de recursos destinados á creación de material didáctico mediante a fórmula de pregunta e resposta. No enlace que ofrecemos poderemos acceder a moitos exemplos xa realizados.

Dicionario e publicación sobre as TIC:

Se tes algunha dúbida ou queres realizar algunha suxestión, agradecémosche que te poñas en contacto connosco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: