Arquivo do blog

Blogues de aula e de centros

Moitos dos blogues que se atopan por internet e que están relacionados coa lingua galega están vencellados cun equipo de normalización lingüística adscrito a un centro. Por iso, non queremos deixalos pasar desapercibidos e queremos que consten nas nosas ligazóns seleccionadas nun apartado propio.

constelacion2

Xa sabedes, se tendes un blogue ou calquera outro tipo de páxina web que queirades facernos chegar, agora é o momento.

Está en galego

Nesta aventura dos blogues é frecuente apoiarnos uns aos outros. Xa é sabido que é relativamente sinxelo crear un blogue, igual que ter un fillo/a, plantar unha árbore ou escribir un libro; o difícil é manter o blogue con vida, igual que criar os fillos/as, coidar as plantas e publicar as obras. Os blogues como entes vivos nacen, estáncanse, bolen, cópianse, empápanse, corren, miran e morren. Abofé. Por iso é tan importante o alento do resto da comunidade blogueira ou internética. Igual que o ser humano, precisa o factor social para medrar.

O primeiro é un blogue xa existente que estivo pasando unha época de reflexión e que volve con moito brío e contidos de relevancia. Trátase de

dubgal Dúbidas do galego. Debo confesar que unha das miñas ideas cando me metín, xunto co meu colega, neste proxecto, era facer algo semellante. É, polo tanto unha ferramenta moi necesaria e moi fiable na que se poden consultar en liña pequenas e grandes dúbidas da nosa lingua. Sempre recomendable. Moi contentos de que volva a estar ao día.

 

O segundo é outro blogue que acaba de nacer e que ben merece a nosa atención e o noso alento.

en galegoEstá en Galego é a aposta pola tecnoloxía no noso idioma. Trátase dunha recompilación de aplicacións ben de software, de android ou mesmo páxinas webs relacionadas coas TIC, que están na nosa lingua ou ben poden traducirse con facilidade. En palabras dos creadores/as:

Navegamos, vemos cousas xeitosas e como somos así de caprichosos dános por fedellar, traducir e ver de que tamén estean dispoñibles en lingua galega… Se ves algo por aquí que che pareza de interese gózao e divúlgao 😉

Estamos totalmente de acordo con esta última premisa. Xa sabedes. #FF como din en Twitter. Ou mellor #MF.

Se algo do que atopedes aquí, vos gusta, gozádeo e compartídeo.

Contidos multimedia

dropboxA miúdo precisamos ou usamos contidos nas aulas que poden completarse con recursos dixitais. Existen moitos formatos, máis ou menos dinámicos, para presentar esta información. Como seguro vistes se entrastes nos enderezos que vos recomendabamos no anterior artigo relacionado con este tema, os formatos e as ferramentas son moitas. slide share

Moitas delas clasifícanse segundo a súa utilidade, para borrar información, para almacenala, para buscala ou para creala. Este último paso é o máis complexo ou laborioso. O máis frecuente é atopar documentos con imaxes, gráficos, mapas conceptuais e táboas nos formatos de adobe (pdf) ou de power point (ppt/odt), pero tamén existen outras plataformas que, en esencia, ofrecen as mesmas posibilidades con outras contornas gráficas. É o caso de Zoho, unha ferramenta para traballar cos documentos en liña, podense crear e subir, sen necesidade de descargar ningún programa.zoho

Así tamén, canto mellor se podes usar o Adobe flash, que a ferramenta máis avanzada para crear exercicios interactivos, aínda que estes tamén se poden xerar con outros programas máis básicos e sinxelos: jclic, Ardora, hot potatoes

issuuOutra opción ou necesidade é a de xestionar a información dixital que manexamos sen depender do noso ordenador persoal. É posible usar o espazo virtual coñecido como nube a través de distintas portais como dropbox ou googledrive.  Se ademais de almacenar esta información  queremos compartila, ademais destes espazos virtuais contamos coa existencia doutras plataformas como slide-share ou issuu. A última tendencia, neste sentido, é a sindicación de contidos. Isto é, a creación dun escritorio virtual onde ademais de arquivos podemos seguir os contidos dinámicos e actualizados dos blogues e outras páxinas, sen necesidade de entrar nelas.