Arquivo do blog

As posibilidades que ofrece unha WIKI

As diversas ferramentas de internet abren múltiplos abanos nunca antes pensados ou sequera sospeitados. Desta vez, falamos das wikis, que alén doutras moitas posibilidades, tamén ten unha vertente educativa moi interesante. A wiki é un espazo privado e colectivo onde os seus membros poden crear e editar documentos en liña. O exemplo máis coñecido é o da wikipedia, pero existen moitas outras alternativas. Na rede pódense atopar varias webs (por exemplo: wikispaces) onde calquera pode dispoñer dun espazo propio e gratuíto para traballar colectivamente e en tempo real sobre o tema que se desexe. De feito, é habitual atopar moitas delas xa construídas, incluso como entretidas e didácticas buscas de tesouros, tamén coñecidas como webquests. Nestes documentos temáticos organízanse unha serie de pistas e probas que conducen ao alumnado na procura dun documento final completo e axeitado ao nivel correspondente como unha experiencia lúdica e participativa tamén a través do erro.

Xa vedes que é moi interesante e flexible. Velaquí tendes un vídeo ilustrativo e sinxeliño do que son e como se usan:

Advertisements

Microtoponimia online

Sabemos que os nomes dos lugares permaneceron no tempo grazas á memoria colectiva e moi poucas veces nos documentos privados ou oficiais. Costa ÁrtabraPara que este patrimonio inmaterial non se perda puxéronse en marcha moitas iniciativas a través de internet. A última (pero non derradeira) recolle todos os nomes de praias, penas, montes, furnas, etc. da Costa Ártabra por volumes. Alá van os dous primeiros.