Category Archives: Educación

Novos recursos

Seguimos ampliando a selección de recursos gratuítos para a docencia da lingua galega e de contidos en lingua galega presentes nas escolas. Nesta ocasión, engadiuse un novo apartado de Festividades do calendario escolar, onde se poden atopar certos recursos relacionados con esta temática.

Ademais tamén se incorpora un novo enlace sobre valores, incluído nas outras ligazóns seleccionadas, como tema transversal sempre presente que pode traballarse: Dereitos humanos na infancia.

Tampouco queremos esquecer os distintos repositorios de contidos. Neste momento, o espazo Abalar da Xunta logo-abalar-finalofrece moitos recursos didácticos feitos coas TIC e, polo tanto, para traballar dende o ordenador, miles de contidos de todas as materias e distintos niveis.

E por último, tamén un blogue que queremos recomendar polo seu labor como filtro e ferramenta de selección daqueles contidos que se atopan pola rede nos formatos de visualización tales como scribd ou slideshare, ou outros repositorios de contidos. Todos eles ordenados e clasificados. Non o podedes perder: https://nomenterodelapataca.wordpress.com/

Recorda que podes atopar todas estas ligazóns de interese no correspondente apartado da nosa selección de contidos de interese.

 

 

 

 

Blogues de aula e de centros

Moitos dos blogues que se atopan por internet e que están relacionados coa lingua galega están vencellados cun equipo de normalización lingüística adscrito a un centro. Por iso, non queremos deixalos pasar desapercibidos e queremos que consten nas nosas ligazóns seleccionadas nun apartado propio.

constelacion2

Xa sabedes, se tendes un blogue ou calquera outro tipo de páxina web que queirades facernos chegar, agora é o momento.

Pílulas de coñecemento

Cando hai dúbidas concretas sobre a lingua adoitan facerse pequenos apuntamentos a modo de retallos que na era dixital e no eido educativo poden chamarse pílulas.

pilulas

Esta imaxe é un exemplo deste tipo de casos, que vén a demostrarnos o traballo que aínda nos queda por facer neste noso blogue. Así pois, estes contidos foron recollidos por un blogue do centro educativo, tan numerosos e dispares, que ben merecen un apartado na noso menú de ligazóns.

Aprendizaxe por proxectos

Definición

A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como propósito promover unha aprendizaxe profunda a base de estimular o alumnado de primaria con indagacións e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes nas súas vidas.images

Nos proxectos de aprendizaxe as dúbidas e intereses do alumnado crean o propio proxecto, ao existir pola súa parte interese por resolver as súas dúbidas. Á hora de deseñar un proxecto é necesario partir dos coñecementos previos do alumnado e relacionalos cos obxectivos e competencias que se queren acadar.

A aprendizaxe por proxectos dá pé a unha maior interacción entre profesorado e alumnado, visto que constrúe un universo de accións diversificadas que permiten a participación activa do alumnado. Ao longo do traballo por proxectos, o profesorado desempeña o papel de mediador, e desaparece o seu rol como detentor único do saber.

Propósito

A aprendizaxe por proxectos está deseñada para empregar con cuestións complexas que esixan facer pescudas por parte do alumnado para seren entendidas. Non parece válido o uso de proxectos para recompilar simple información enciclopédica ou feitos. Por exemplo, pódese pedir ao alumnado que analice a calidade da auga dun río local para aprender sobre o ambiente local e outras cuestións ambientais que o afectan.

A aprendizaxe por proxectos introduce novas formas de aprendizaxe-ensino, máis aló da ruptura cos paradigmas antigos na forma secuencial de presentación dos contidos, na clasificación do alumnado en series, e principalmente, na quebra das actitudes xerais ante o coñecemento, esta metodoloxía fai posible, pois, a aquisición e construción do saber de todas as persoas involucradas no proceso a través das innumerables posibilidades de adquisición de información.

Este enfoque enfatiza a aprendizaxe a longo prazo, interdisciplinar e centrada no alumnado. É unha forma de aproximación ao coñecemento que adoita ser menos estruturada cás actividades tradicionais, centradas no profesorado. Nunha aula con proxectos, o alumnado precisa, a cotío, organizar o seu propio traballo e xestionar o seu tempo. Esa estrutura prevé que o alumnado colabore entre si e traballe para entender o que están a facer, polo que se fai unha especial énfase no traballo colaborativo, e tamén na bagaxe e recursos propios do alumnado.

Elementos

Algúns elementos para unha boa experiencia coa aprendizaxe por proxectos inclúen:

  • Cuestións ou conflitos que parten dos intereses e dúbidas do alumnado, e que sexan orixinais, reais e relevantes para as súas vidas.
  • Uso de tecnoloxías da comunicación e información.
  • Aprendizaxe centrada no alumnado e que promova o uso deliberado da súa autonomía.
  • Colaboración intragrupal.
  • Compoñentes multidisciplinares.
  • Traballo a longo prazo e que non precisa ser realizado en períodos de aula, nin sequera en tempos de aula.
  • Debe estar orientada aos resultados, cun estudo e unhas presentación e actuación, como resultado da indagación orixinal.tic

Nestes proxectos, a tecnoloxía dixital e a informática proporciónanlle unha nova dinámica á educación. Facilita a interacción e a participación activa do alumnado, xa que poden elaborar os seus proxectos en grupos e en liña, permanentemente conectados. Os seus contidos, así como a súa constante actualización, é instantánea e fica dispoñíbel para quen desexe acceder a ditos contidos. O uso de software libre e os distintos ambientes virtuais de aprendizaxe (como o Moodle ou Chamilo) son ferramentas dispoñibles que posibilitan, facilitan e enriquecen este método.

Esta nova dimensión do ensino parte da curiosidade e do desexo de aprender do alumnado. O que aínda falta é saber moverse nese novo saber e conseguir auxiliar ao alumnado a desenvolver a súa intelixencia e avanzar na súa sabedoría.

Contidos multimedia e aplicacións interactivas

multimediaHoxe comezamos unha nova serie de artigos dedicados aos contidos multimedia e as aplicacións interactivas. O noso propósito é elaborar o noso propio material, xa que en lingua galega aínda queda bastante por facer. Tamén traballaremos, asemade, cos materias xa feitos tanto en castelán como en galego, coa intención de recomendarvos os que nós consideramos máis útiles, novidosos, completos e/ou actualizados. Nesta tarefa aproveitaremos para ensinarvos a vós, se queredes, como facer o voso propio material multimedia. Toda esta información, da cal xa temos algunha escollida no apartado das TIC, ligazóns seleccionadas, iranse engadindo nesa mesma listaxe. Para abrir boca queremos adiantarvos unha serie de recursos educativos en liña, da man do noso compañeiro e mestre Alberto, outros tamén engadidos polo profesor Ángel Poveda e outras listaxes como a do Caderno Intercultural.

 

Poesía sempre

Púxenme a buscar poesía e atopGATO  POETAeina. En sitios inesperedos: Lectura na rede. En tantos recunchos fructíferos. E por iso decidín rescatala neste blogue, tanto neste artigo como na escolla das ligazóns.

Poesía para todas as idades: Recursos para a poesía, entre as que quero destacar, nesta ocasión, a idade infantil: Peque poemas:Un dos seus referentes é Antonio García Teijeiro, do que xa temos na nosa selección a súa páxina propia: Versos e Aloumiños, pero hai moitos máis autores tanto actuais como anteriores. Moitos poemas destes artistas foron musicados: Son de Poetas, e outros cantares populares ben deixan un recendo a poesía perfecto para a infancia e o folclore noso.

Non podemos esquecer as páxinas xa sinaladas noutrora, cando comezamos este proxecto, pero como todos os seres vivos, este ente tamén medra e con el os tesouros que imos recollendo polo camiño, como estoutras:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os valores e a educación no tempo libre

Coa chegada das vacacións xorde, unha vez máis, o dilema dos pais e nais ante a estancia das nenas e nenos na casa durante a estadía de verán.  Cada vez máis familias recorren ás distintas alternativas de conciliación que ofrecen difererentes entidades públicas ou privadas. Entre esas opcións preséntanse, cada vez con máis forza, os programas que inclúen coñecementos educativos e sobre valores.Manos apiladas

Dende o punto educativo abundan os campamentos que fomentan o emprego das linguas estranxeiras, pero tamén os hai que fanrepasos xerais de todas as materias de cada nivel. Por outra parte, con respecto aos valores, estes adoitan estár inseridos transversalmente nos proxectos non só como contido, senón como actitude ou método que se desenvolve nas actividades.

Apostar por esta tendencia ou medida permite asegurarnos de que ademais de gozar e entreterse con distintas tarefas lúdicas, os nosos fillos e fillas estarán crecendo e aprendendo de xeito signiticativo e eficaz.

Dentro destas actividades educativas que traballan os valores destacan os xogos cooperativos, fundamentais pola súa ideosincrasia. Neles non se busca competir senón cooperar e compartir para poder conseguir os obxectivos.

 

 

A mediación de conflitos na escola

En todos os ámbitos da vida, as persoas encontramos obstáculos que, ás veces, polas relacións entre nós, poden provocar conflitos. Na escola, estes poden xurdir por diversos motivos, entre eles a diversidade de personalidades, as xerarquías marcadas, as presións e roles grupais e o proceso de crecemento propios da infancia e da adolescencia, etc.

Ante este proceso natural do ser humano social instaurouse, hai anos, a mediación como ferramenta para a busca de acordo entre as partes. Este método vén empregándose en distintos campos da vida humana: laboral, familiar, cultural e tamén na escola.

No ensino xa son numerosos os centros que dispoñen dunha unidade de mediación de conflitos, composta por membros do profesorado e do alumnado, sempre apoiados en diversos materiais bibliográficos de referencia. Os seus resultados son máis que significantes pois adoitan recoñecer que non só son capaces de resolver conflitos senón que tamén son capaces de previlos, grazas á creación dun mellor ambiente.

 

A inclusión social na educación III

Falabamos nos dous artigos anteriores do fracaso escolar e a súa prevención.

A continuación falaremos de medidas de intervención baseadas na experimentación e na innovación. Entre as máis coñecidas destacan as seguintes:

  1. Creación dun grupo de aprendizaxe intensiva ao final de Primaria en lugar da repitición de curso que afecta aproximadamente ao 25% do alumnado actualmente.
  2. Agrupación de alumnado en prediversificación.
  3. Aplicación da educación combinada, na cal se aplican medidas dende distintas institucións, como os proxectos de Navarra e Madrid.
  4. Elaboración de plans integrais de intervención en zonas preferentes.
  5. Formación dun Observatorio Xeral sobre Educación Inclusiva.inter

Sen dúbida, entre estas medidas, a máis salientable e rendible é a última. A presenza dun Observatorio, cuxa finalidade fose promover a innovación e a avaliación de prácticas inclusivas, recoller, documentar e difundir as distintas medidas e recursos existentes ou factibles que contribuísen á inclusión social dos colectivos en risco -sexa por factores culturais, sociais, económicos ou doutra índole-, ofrecería un banco de experiencias e datos que fomentaría unha nova dimensión para afrontar este tema dende o intercambio e a reflexión a nivel nacional e internacional.

A inclusión social na educación II

Sobre as propostas para o debate que comentabamos no artigo anterior, imos comezar pola medidas e programas para a prevención da exclusión e a promoción da inclusión dos menores en risco.

Prevención primaria: intervir o antes posible

Na comunidade educativa sabemos que gran parte dos problemas que atopamos en Secundaria xa agromaron, con maior ou menor intensidade, en etapas anteriores. Emporiso, é mester:

  • Deixar de identificar “atención á diversidade” só coa ESO. É imprescindible traballala xa dende as etapas de Infantil e Primaria.
  • Escolarizar as crianzas das familias en risco dende os 3 anos, da man dunha oferta gratuíta, suficiente e de calidade, sobre todo nas zonas desfavorecidas.
  • Experimentar medidas máis eficaces que a repetición do curso.
  • Dotar aos centros con equipos externos de apoio (con variedade e cantidade) e reforzar o papel dos Departamentosde Orientación cun modelo de asesoramento colaborativo e cunha planificación integral dos distintos recursos humanos e materiais a través da rede.
fracaso escolar
Prevención secundaria: intervir aínda a tempo
Para conseguir unha intervención a tempo cómpre ter en conta estes principios:
  • Aplicar os principios de calidade con equidade e corresponsabilidade derivados da prevención, desenvolvemento e  intervención global.
  • Promover a cohesión social e de educación básica para a convivivencia e o traballo na sociedade do coñecemento.
  • Garantir a cobertura das necesidades básicas de aprendizaxe, en base aos obxectivos promulgados por Nacións Unidas.
Ademais consideramos as posibles repeticións (2) ao longo da educación obrigatoria, polas cales o alumnado pode permanecer no sistema educativo ata os 18 anos. Aínda que a mocidade demande ou necesite unha calificación temperá e unha inserción laboral neste período, o ensino non debe nin pode renunciar ao favorecemento do desenvolvemento persoal deste colectivo, pola contra, debe ofrecer vías realistas para a formación e evitar reducir dito colectivo a un “recurso humano para o emprego pouco calificado”. Deste xeito, faise patente a necesidade dunha oferta formativa gratuíta, suficiente e inclusiva para a rapazada de 16 a 18 anos, na cal sepoderían incluir os centros da rede básica e tamén outras institucións da contorna comunitaria (sempre sen ánimo de lucro), que regulados pola Administración poidan garantir e recoñecer, a través dos certificados, a calidade e a utilidade da oferta.