Arquivo do blog

Estimulación da memoria para o estudo

Cando os exames de setembro están tan preto, convén reforzar os hábitos de estudo cos activadores da aprendizaxe, entre os que destaca a memoria, baseada na percepción, a atención, a motivación e a concentración.

Estas son algunhas das técnicas da mellora da memoria:memoria

  • Exercitar a observación e captar os estímulos concretos máis relevantes.
  • Practicar a clasificación dos elementos observados.
  • Xuntar as ideas básicas e comprendelas ben.
  • Pensar as ideas a través de imaxes mentais.
  • Activar a asimilación de contidos mediante preguntas fiadas.
  • Confiar na capacidade de recordo e promover os motivos da aprendizaxe.
  • Facer pausas que permitan o enlace das ideas e a súa redacción coas nosas palabras.
  • Contrarrestrar o esquecemento a través da memorización espaciada ou secuenciada, coa revisión dos conceptos adquiridos e coa alternancia dos distintos temas.